Seguros
Unha ampla gama de seguros para particulares e empresas
En Sanmartín Gestión dispoñemos dun amplo abano de produtos no ámbito da contratación de seguros para dar respostas eficaces e áxiles ás necesidades específicas que nos demandan os nosos clientes (particulares e empresas).
Precisamente, os nosos servizos comezan co estudo inicial desas necesidades, continúan coa fase de asesoramento e negociación das mellores condicións (económicas e de coberturas) e finalizan co servizo de atención postvenda.