Sanmartin Gestion

Blog

Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de risc

Sanmartín Gestión alcanza un acordo de fusión con Gestiseguros

En Sanmartín Gestión vimos de pechar un acordo de fusión con Gestiseguros /Técnica Ofigestión que nos vai permitir reforzar a nosa cota de mercado fundamentalmente na Estrada e na contorna.

En virtude deste acordo, as pólizas que viñan sendo intermediadas por esta axencia vinculada, pasarán a ser xestionadas directamente por Sanmartín Gestión, que porá a disposición destes novos clientes a todo o seu persoal especializado para ofrecerlles a mellor atención, así como unha ampla carteira de produtos e servizos aseguradores e financeiros.

Esta fusión enmárcase no proceso de crecemento e expansión que está a experimentar Sanmartín Gestión nos últimos meses e que incluíu a apertura de novas oficinas en Bandeira (Silleda) e no Milladoiro (Ames), ademais doutras aperturas inminentes en Lestedo e Boiro.

Así, a rede comercial de Sanmartín Gestión pasará a estar formada por un total de 13 oficinas: A Estrada, Bandeira, Boiro, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Lestedo, Marín, O Milladoiro, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.