Sanmartin Gestion

Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Sanmartín Gestión

Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra e acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de ris

Quen somos

Sanmartín Gestión, a túa tranquilidade

Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra e acumula 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación de seguros e os servizos financieiros, tanto para particulares como para pequenas e medianas empresas.

.

Actualmente conta cunha rede de 12 oficinas (A Estrada, Boiro, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Lestedo, Marín, Pontevedra, O Milladoiro, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa) que lle permiten ofrecer os seus servizos e produtos desde a cercanía a unha poboación aproximada de 250.000 persoas.

.

Para Sanmartín Gestión o máis importante é a satisfacción e a tranquilidade dos seus clientes. Por iso colabora cunha quincena de compañías de seguros líderes nas súas respectivas áreas para poder ofrecer solucións totalmente persoalizadas, garantindo as coberturas necesarias a uns prezos o máis competitivos posibles.

.

Sanmartín Gestión é unha corredoría autorizada pola Dirección General de Seguros co número de rexistro J3057.