Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Sanmartín Gestión - Seguros
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra e acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación de seguros e os servizos financieiros, tanto para particulares como para pequenas e medianas empresas. Actualmente conta cunha rede de nove oficinas (A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa) que lle permiten ofrecer os seus servizos e produtos desde a cercanía a unha poboación aproximada de 205.000 persoas.
Seguros, Correduría, Corredoría, A Estrada, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Marín, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Silleda, Rianxo, Auto, Fogar, Hogar, Vida, Saúde, Salud, Pensións, Pensiones, Decesos, Responsabilidade Civil
13973
page-template-default,page,page-id-13973,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive
 

Consultorio

En Sanmartín Gestión activamos este consultorio especializado no ámbito dos seguros para que poidas trasladarnos ao correo electrónico [email protected] as dúbidas ou preguntas que teñas sobre esta materia (estamos a falar de consultas xenéricas, non de solicitude de ofertas, xa que para iso deberás contactar coas nosas oficinas).

 

Estamos a poñer á túa disposición dun xeito totalmente gratuíto os coñecementos técnicos e a experiencia do noso equipo profesional para axudarche a tomar a mellor decisión na contratación dos teus seguros.

 

AVISO: A resposta á túa pregunta enviarémoscha ao correo electrónico que nos indiques e, ademais, poderá ser compartida neste consultorio e a través das redes sociais de Sanmartín Gestión (por suposto, sen empregar o teu nome nin os teus datos de contacto).

 


Que vantaxes ten contrtar un seguro nunha corredoría de seguros?

En Sanmartín Gestión somos conscientes de que aínda son moitas as persoas que descoñecen as vantaxes de contratar un seguro a través dunha corredoría. Por iso, nesta resposta imos tentar argumentar alomenos dez vantaxes:

 

1.- Independencia, imparcialidade e obxectividade: a diferencia das compañías aseguradoras, das axencias exclusivas e dos operadores de banca-seguros, que só pretenden vender os seus produtos, as corredorías de seguros actúan con total independencia á hora de escoller no mercado a opción que máis lle convén a cada cliente. Esa imparcialidade garante sempre a elección das pólizas coas mellores condicións económicas e de coberturas en función das necesidades reais dos clientes.

 

2.- Variedade de ofertas: precisamente pola súa independencia, as corredorías teñen a posibilidade de traballar con moitas compañías e de ofertar unha gran variedade de produtos, intermediando coas compañías e comparando as tarifas para buscarlle aos seus clientes a mellor póliza para cada caso.

 

3.- Asesoramento persoalizado: un dos principais valores engadidos de contratar un seguro a través dunha corredoría é o asesoramento especializado sobre as condicións e coberturas de cada póliza. As corredorías non operan como un axente comercial dunha compañía que tenta vender a póliza máis cara, nin tampouco como os operadores de banca que, coa contratación doutro produto financieiro, pretende sumar un seguro a maiores para cumprir os seus obxectivos. As corredorías de seguros están obrigadas por lei a realizar unha análise obxectiva das necesidades do cliente para aportarlle información veraz sobre a póliza que mellor se axusta ás súas necesidades. Ademais, centralizan a realización de todos os trámites que precisa o cliente desde o primeiro momento: execución e renovación de contratos, presentación de argumentos técnicos, tramitacións coas compañías, etc.

 

4.- Profesionalidade: as corredorías de seguros contan nos seus equipos con auténticos expertos en materia de seguros. A diferencia de moitos axentes comerciais e teleoperadores dalgunhas compañías, o persoal das corredorías dispón dos coñecementos técnicos, as aptitudes e a experiencia necesarias para ofrecer un servizo de máxima calidade, dada a súa obrigada formación en materia financieira, aseguradora e lexislativa.

 

5.- Seguridade: as corredorías de seguros están inscritas no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones (DGSFP) e están sometidas constantemente a procesos de supervisión, control e inspección, tendo que informar anualmente da súa actividade e dos resultados obtidos.

 

6.- Prezos iguais ou máis económicos: aínda que moita xente pensa que contratar un seguro a través dunha corredoría encarece o prezo, a realidade é totalmente distinta. Cando unha persoa contrata un seguro directamente cunha compañía, a esta non lle merece a pena negociar o prezo individualmente, senón que simplemente se limita a ofrecer as súas tarifas. Nembargantes, as corredorías de seguros xestionan milleiros de pólizas cada ano, polo que poden negociar en conxunto prezos moito máis baixos e competitivos. De feito, unha corredoría pode chegar a acordar coas compañías prezos por debaixo do mercado.

 

7.- Representación: as corredorías de seguros actúan como a voz dos clientes, negociando  e defendendo os seus intereses diante das compañías aseguradoras. Esta representación é especialmente importante á hora de tramitar os sinistros, axilizar os cobros das indemnizacións e velar polos seus dereitos como consumidores.

 

8.- Capacidade financieira: as corredorías de seguros dispoñen de capacidade financieira, garantida metiante avais bancarios ou seguros de caución.

 

9.- Responsabilidade civil: as corredorías de seguros están obrigadas por lei a contar cun seguro de Responsabilidade Civil Profesional de alomenos 1,8 millóns de euros como garantía final para dar cobertura a posibles casos de neglixencia profesional.

 

10.- Servizo postvenda: as corredorías de seguros non rematan o seu traballo coa firma do contrato dunha póliza, senón que asisten permanentemente aos clientes durante toda a vixencia dos contratos, controlando a súa execución e revisando que seguen adaptados ás necesidades dos clientes, informando das novidades lexislativas que poideran afectarlles e vixiando o correcto cumprimento por parte das compañías.