Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Misión, visión e valores
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Sanmartín Gestión, Correduría, Seguros, A Estrada, Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Silleda, Cerdedo, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Auto, Fogar, Vida, Saúde, Decesos, Responsabilidade Civil, Servizo, Atención
13303
page-template-default,page,page-id-13303,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.2.1,vc_responsive
 

Misión, visión e valores

Misión

  • En Sanmartín Gestión traballamos para satisfacer as necesidades dos nosos clientes en calquera área do sector dos seguros. A nosa misión é garantirlles as coberturas que realmente precisan  e facelo cuns prezos o máis competitivos e atractivos posibles.

Visión

  • Como corredoría de seguros independente, en Sanmartín Gestión queremos reforzar a nosa presenza no mercado mediante a expansión a novas localidades e a atención aos nosos clientes desde a proximidade, convertendo o trato persoalizado e a calidade dos nosos servizos nun feito diferenciador.

Valores

  • Experiencia: acumulamos preto de 30 anos de traxectoria empresarial, un período no que levamos traballado con cerca de 20.000 clientes.

 

  • Profesionalidade: o persoal de Sanmartín Gestión conta coa formación e os coñecementos técnicos necesarios para proporcionarlles aos nosos clientes unha atención eficaz e de calidade. Somos auténticos profesionais do sector dos seguros.

 

  • Independencia: a nosa absoluta independencia respecto das compañías de seguros coas que colaboramos permítenos traballar co obxectivo permanente de conseguir a satisfacción dos nosos clientes: negociamos para eles as pólizas coas mellores condicións e defendemos os seus intereses diante das compañías.

 

  • Innovación: empregamos todos os recursos tecnolóxicos existentes no sector dos seguros para ser máis áxiles na prestación dos nosos servizos e para mellorar a calidade da atención. 

 

  • Cercanía: en Sanmartín Gestión cremos nas relacións persoais e na proximidade cos nosos clientes. Por iso, para estar máis preto deles, mantemos operativa unha rede de nove oficinas, fundamentalmente na provincia de Pontevedra.