Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Campañas
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Sanmartín Gestión, Correduría, Seguros, A Estrada, Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Silleda, Cerdedo, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Auto, Fogar, Vida, Saúde, Decesos, Responsabilidade Civil, Servizo, Atención
13387
page-template-default,page,page-id-13387,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive
 

Campañas

Campaña de seguridade con Glassdrive

A mala visibilidade é unha das principais causas de accidentes de coche cando chove e, como en Sanmartín Gestión preocupámonos pola túa seguridade, por iso estamos a poñer en marcha en colaboración con Glassdrive unha campaña de revisión gratuíta de parabrisas e de aplicación dun produto repelente da choiva que garante alomenos 20.000 quilómetros con mellor visibilidade. A nosa idea é levar esta iniciativa a todas as localidades nas que Sanmartín Gestión está presente (A Estrada, Pontevedra, Silleda, Cerdedo, Cuntis, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Rianxo e Marín) para que todos os condutores, sexan clientes nosos ou non, poidan beneficiarse da mesma. Trátase dunha campaña gratuíta na que, ademais da aplicarlle ás lunas unha imprimación repelente da choiva, da neve e da auganeve, tamén agasallamos aos condutores cun xogo de escobiñas novas. Ademais, aqueles que visiten a carpa de Sanmartín Gestión e acheguen os seus datos persoais tamén participarán no sorteo de tiques canxeables por lavados de coche (exterior e interior).

"A persoa máis segura"

“A persoa máis segura” é unha promoción organizada por Sanmartín Gestión na súa páxina de Facebook. A mecánica para participar é moi sinxela, xa que só hai que darlle “Me gusta” aos post sobre o sorteo “A persoa máis segura” publicados por Sanmartín Gestión na súa propia páxina de fans. O sorteo realizarase de forma aleatoria entre todos os participantes a través da aplicación Easypromosapp e o agraciado poderá converterse na persoa máis segura, posto que o premio é un seguro de coche ou moto e un seguro para o fogar. 

 

Bases da promoción

Campaña "A túa tranquilidade"

“A túa tranquilidade” é o novo claim da marca Sanmartín Gestión e é tamén o nome da campaña de marketing e publicidade que está a desenvolver a empresa para reforzar a súa visibilidade e notoriedade fundamentalmente na provincia de Pontevedra. Esta campaña consta dos seguintes elementos:

 

  • Publirreportaxes en medios impresos.

 

  • Banners en medios dixitais.

 

  • Spots de televisión.

 

  • Cuñas radiofónicas.

 

  • Cartelaría exterior nas oficinas.

 

  • Accións de marketing directo.

 

  • Promocións nas redes sociais.

 

Escoita a cuña de radio