Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | A campaña de revisión gratuíta de parabrisas chega esta semana a Bandeira e Lestedo
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Sanmartín Gestión, Correduría, Seguros, A Estrada, Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Silleda, Cerdedo, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Auto, Fogar, Vida, Saúde, Decesos, Responsabilidade Civil, Servizo, Atención
14217
post-template-default,single,single-post,postid-14217,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive
 

Blog

A campaña de revisión gratuíta de parabrisas chega esta semana a Bandeira e Lestedo

  |   blog

 

Desde Sanmartín Gestión, en colaboración coa firma Glassdrive, especializada na reparación e substitución de lunas de vehículos, retomamos esta semana en Bandeira e Lestedo a campaña de revisión gratuíta de lunas e de substitución das escobiñas dos limpaparabrisas.

 

Concretamente, a carpa na que os técnicos de Glassdrive atenderán a todos os turismos que que queiran achegarse -previa solicitude de cita- instalarase en Bandeira o xoves 14, na rúa Camilo José Cela nº 2, entre as 9.00 e as 14.00 horas. En canto a Lestedo, instalarase o sábado 16, de 9.30 a 14.00 horas, fronte á Cafetería O´26.

 

Tendo en conta que a mala visibilidade é unha das principais causas de accidentes de coche cando chove, no marco desta campaña realizarase unha revisión gratuíta dos parabrisas e aplicaráselles unha imprimación dun produto repelente da choiva, a neve e a auganeve que garante alomenos 20.000 quilómetros con mellor visibilidade. Ademais, regalaráselle aos asistentes un novo xogo de escobiñas para o limpaparabrisas e sortearanse tiques canxeables por lavados integrais para o coche.

 

Como en anteriores ocasións, esta campaña está aberta a todos os condutores e condutoras, con independencia de se son clientes de Sanmartín Gestión ou non. O único necesario para beneficiarse da mesma é chamar ao teléfono 986 180 388 (preguntar por Chus Iglesias) para reservar turno en Bandeira e ao teléfono 981 502 212 (preguntar por Marga Sanín) para reservar turno en Lestedo.