Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Próxima apertura no Milladoiro da décima oficina de Sanmartín Gestión
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Sanmartín Gestión, Correduría, Seguros, A Estrada, Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Silleda, Cerdedo, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Auto, Fogar, Vida, Saúde, Decesos, Responsabilidade Civil, Servizo, Atención
14085
post-template-default,single,single-post,postid-14085,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.2.1,vc_responsive
 

Blog

Próxima apertura no Milladoiro da décima oficina de Sanmartín Gestión

  |   blog

En Sanmartín Gestión continuamos coa nosa estratexia de implantación nas localidades próximas ás que xa temos presenza e, por iso, estamos en condicións de anunciar que proximamente abriremos unha nova delegación no Milladoiro.

Esta nova oficina será a segunda de Sanmartín Gestión na provincia da Coruña -xa estamos en Rianxo- e a décima en total, xunto coas da Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Silleda, Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa.

Ademais, queremos anunciar tamén que a oficina do Milladoiro estará dirixida por Verónica Sorribas, unha magnífica profesional que coñece perfectamente a zona e o sector dos seguros e con quen xa podedes contactar por correo electrónico na dirección veronica.sorribas@sanmartingestion.es.