Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Sanmartín Gestión, patrocinador principal da XXII Subida á Estrada
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Sanmartín Gestión, Correduría, Seguros, A Estrada, Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Silleda, Cerdedo, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Auto, Fogar, Vida, Saúde, Decesos, Responsabilidade Civil, Servizo, Atención
14079
post-template-default,single,single-post,postid-14079,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.2.1,vc_responsive
 

Blog

Sanmartín Gestión, patrocinador principal da XXII Subida á Estrada

  |   blog

A corredoría de seguros Sanmartín Gestión será o patrocinador principal da XXII Subida á Estrada, organizada pola Escudería Estradense para os días 7 e 8 de outubro no marco do Campionato Galego de Montaña. Por este motivo, a directiva da escudería e o director da empresa, Manuel Sanmartín, mantiveron hoxe unha xuntanza para perfilar todos os detalles desta colaboración, fundamental para o desenvolvemento da proba, que levará o nome de Sanmartín Gestión.

Ademais, a Escudería Estradense tamén informou que xa está rematada a cartelería e o libro promocional e informativo desta proba, unha das oito do Galego de Montaña, e vén de comezarse coa súa distribución. Esta publicación, que conta coa colaboración de preto de 200 casas comerciais da Estrada, Santiago, Vedra, Lalín, Silleda, Lugo e ata Verín, entre outros concellos, chegará a practicamente todos os lugares do municipio e do resto de Galicia coa distribución dun milleiro de exemplares. “Queremos agradecer o apoio das empresas locais, xa que despois de dous anos sen a proba demandaban o seu regreso polo importante impacto económico na bisbarra, sobre todo no sector hostaleiro”, comentaron dende a escudería.

Malia o gran respaldo outorgado por Sanmartín Gestión e o resto de firmas colaboradoras, desde a organización sinalan que seguen abertos a outros patrocinios secundarios, xa que todos os recursos son necesarios para sacar adiante unha proba desta magnitude. “Sempre hai formas de artellar algunha colaboración, ben sexa a través de pancartas, pegatinas… Estamos moi contentos de todo o apoio, especialmente do de Sanmartín Gestión, pero sempre fai falta máis financiamento”, sinalan desde a directiva, que engadiron que “debido ao compromiso coa seguridade o orzamento incrementouse notablemente ata roldar os 30.000 euros”.

Pola súa banda, Manuel Sanmartín quixo destacar o “estenso apoio” da firma que dirixe a moitas prácticas deportivas do municipio estradense e apostillou que “era case obrigado respaldar tamén a subida pola súa importancia e tirón social, polo gran traballo que fai a escudería e tamén, e xa dun xeito persoal, pola paixón que temos polo mundo do motor”. Ata a xuntanza tamén se achegou o alcalde estradense, José López Campos, que quixo interesarse polos detalles organizativos.

Unha proba clásica

A Subida á Estrada é unha cita clásica do Campionato Galego de Montaña, sendo a proba con máis edicións en toda Galicia só por detrás da que se celebra no municipio lucense de Chantada. A carreira, que acadará a súa viséximo segunda edición no mes de outubro, non se celebraba dende o ano 2014, cando venceron Jacobo Sobral e Manuel Senra.

O equipo directivo optou pola súa recuperación e comezou a traballar arreo dende finais do ano pasado ata garantir a súa celebración e integrala no Galego de Montaña de 2017. A proba vai discorrer polo seu trazado clásico, de 5,4 quilómetros, na estrada PO-213 entre As Covas (Paradela) e Codeso (Aguións).