Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Nova campaña de Sanmartín Gestión dirixida a novos clientes
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Seguros, Corredoría de seguros, Sanmartín Gestión, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Cerdedo, Cuntis, Caldas de Reis, Marín, Silleda, Rianxo, Bandeira, O Milladoiro
14072
post-template-default,single,single-post,postid-14072,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.2.1,vc_responsive
 

Blog

Nova campaña de Sanmartín Gestión dirixida a novos clientes

  |   blog

En Sanmartín Gestión voltamos de Semana Santa dispostos a romper o mercado dos seguros de auto. Hoxe mesmo acabamos de lanzar unha atractiva campaña orientada á captación de novos clientes que inclúe descontos de ata un 25% por cento nas pólizas de nova contratación, con independencia de cal sexa a súa compañía de procedencia.

 

Polo tanto, se aínda non eres cliente de Sanmartín Gestión e nas vindeiras semanas ou meses tes que renovar o teu seguro de coche, pénsao ben antes e visita algunha das nosas oficinas porque poderás beneficiarte dun importante desconto de ata un 25% respecto do prezo da póliza que tes vixente. Para iso, unicamente teñen que darse dúas condicións: acumular unha boa bonificación e que a prima resultante non sexa inferior a 180 euros. Ademais, quedan excluídas desta promoción as pólizas cuxos tomadores sexan menores de 25 anos e as pólizas contratadas on line con compañías consideradas de “baixo custo”.