Sanmartín Gestión - Correduría de Seguros | Arranca con éxito na Estrada a campaña de revisión de parabrisas en colaboración con Glassdrive
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. Acumula preto de 30 anos de experiencia nos sectores da consultoría de riscos, a mediación e os servizos financieiros para particulares e pemes e actualmente conta cunha rede de nove oficinas: A Estrada, Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Rianxo, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
Sanmartín Gestión, Correduría, Seguros, A Estrada, Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Silleda, Cerdedo, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Auto, Fogar, Vida, Saúde, Decesos, Responsabilidade Civil, Servizo, Atención
14062
post-template-default,single,single-post,postid-14062,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-2.6,wpb-js-composer js-comp-ver-5.2.1,vc_responsive
 

Blog

Arranca con éxito na Estrada a campaña de revisión de parabrisas en colaboración con Glassdrive

  |   blog

Pechamos a semana despois de comezar a desenvolver con gran éxito na Estrada a campaña de seguridade na condución lanzada conxuntamente por Sanmartín Gestión -como corredoría de seguros- e pola empresa especializada en reparación e substitución de lunas de automóbiles Glassdrive.

 

A carpa instalada na zona da Baiuca estivo moi concorrida durante os dous días da campaña (xoves e venres) e os condutores que reservaran o correspondente turno viron como, de forma totalmente gratuíta, se lles aplicaba ao parabrisas dianteiro un produto repelente da choiva e se lle substituían as escobiñas dianteiras. Ademais, todos eles entrarán no sorteo de 10 lavados de coche integrais (interior e exterior) que se efectuará esta vindeira semana.

 

Sanmartín Gestión ten previsto desenvolver esta campaña nas vindeiras semanas noutras localidades nas que conta con oficina propia, como Cerdedo (18 de abril), Cuntis, Caldas de Reis, Pontevedra, Marín, Vilagarcía de Arousa e Rianxo.